تبلیغات
من و تو - IDIOMA GALEGO:OS XOGOS FLORAIS DE TUI

من و تو

یکشنبه 11 دی 1390

IDIOMA GALEGO:OS XOGOS FLORAIS DE TUI

نویسنده: الاله اصغری   


Ao longo do último cuarto deste século celebráronse nas principais cidades de Galiza (Pontevedra, Ourense, A Coruña, Santiago, Lugo, Tui, Betanzos e Mondoñedo) un bo número de xogos florais e certames literarios, que contribuíron a animar a vida cultural da rexión. Con todo, o que interesa aquí destacar é o papel que ditos actos desempeñaron na recuperación da lingua e literatura galegas e no desenvolvemento do movimiento rexionalista.
En 1868,observaba Saco e Arce que se se establecera a obrigatoriedade do uso da lingua galega en todos os traballos presentados a concurso, conseguiríasenon pouco a fomentar a literatura galega e a levantar o abatido espírito de Galiza.
Con todo,tal cláusula de que todos os traballos que se presentasen estivesen en lingua galega non chegou nunca a facerse realidade agás en tres certames: Os de Ourense(1877), os de Pontevedra(1886) e os de Tui(1891).Os outros xogos florais seguían o modelo dos celebrados en 1861, en A Coruña, que estableceron un único premio para a poesía en galego[1].
Así pois, toda unha tradición de xogos florais descafeinados quedou, por conseguinte,establecida. Ademais, desvirtúanse estas basese nalgúns deses xogos florais chegouse mesmo a esixir que certo número de traballos ou composicións se presentasen obrigatoriamente en castelán. Tal sucede cos celebrados en A Coruña en Xuño de 1876:Alí convocáronse dez premios,especificando as bases que as composicións entre os números un e seis "deberán hallarse escritas precisamente en castellano; las demás en castellano o en gallego[2].

Aos Xogos Florais celebrados en Santiago de 1875 concedéuselles gran importancia, pois adóitase a confundir o que estritamente foi o certame cos restantes actos que tiveron lugar na cidade compostelá con motivo das festas do Apóstolo dese ano,principalmente a Exposición Rexional. Malia ao fastuoso do acto que preside o Capitán Xeral da rexión e ao que asisten altos dignitarios eclesiásticos e políticos, os Xogos Florais de Santiago dese ano resultaron irrelevantes para a poesía galega.
Convértese ademais en algo habitual celebrar xogos florais con motivo das festas locais nas distintas cidades de Galiza. Deste xeito establécense uns certames desnaturalizados, en moitos casos festas sociais ás que asisten as autoridades políticas e eclesiásticas, escasamente preocupadas en defender intereses alleos ás institucións ás que pertencen. Nalgún caso convocáronse con un mes de antelación, como sucedeu cos xogos floraiscelebrados enA Coruña, en 1877. Podemos imaxinarnos que poesías sairían de tales certames.Neste sentido,coa súa habitual socarronería, Lamas dicía que nun mes “podíanse asar doce cabritos pero non facer versos a conciencia”[3] .

Anecdótico pero á vez testemuñal do carácter españolista da maioría destes certames e en definitiva do seu case nulo papel na recuperación da lingua, é que nada menos un gobernador civil tivera que ordenar , con motivo dos xogos florais de Pontevedra, de1880,que desen resposta en galego a unha telegrama de felicitación da xunta de Xogos Florais de Valencia que estaba en valenciano.Os gobernadores, capitáns xerais, alcaldes, bispos, ex-ministros, senadores, deputados, etc., asisten e/ou presiden estes certames.Ao respecto, lembro que os de Santiago de 1880 foron presididos e/ou asistiron, o Gobernador Civil, o Intendente militar, os fillos do Capitán Xeral, os Condes de Revillagigedo, os Marqueses de S. Miguel e do Callao, deputados a Cortes, etc. E ademais é á vez ben indicativo do que dicimos,que eses mesmos xogos florais nonconvoquen premio algún para poesía en galego.
Uns xogos que por certo non ían medrando en fervor rexionalista, senón todo o contrario: poetas e escritores que se prezasen deixarían de concorrer a eles. E ao final nin siquera se concedían premios aos traballos en castelán, por ser realmente pésimos.
Uns premios, comentaría a “Revista Gallega”, dignas todos eles de figurar nos escaparates dos máis conspicuos ferreteiros e tratantes de libros . Este proceso dexenerativo fíxose tamén extensivo á categoría dos premios ou galardóns concedidos. Se estes nun primeiro intre foron importantes ou polo menos dignos, ao final eran verdadeiramente ridículos.O Bispo de Tui ofrecía por certo un premio de ¡ vinte e cinco pesetas!, á millor historia sobre Tui, cantidade que xa por aquelas datas non chegaba para comprarse unha breve historia tudense.[4]
Pero ademais destes certames celebráronse outros nos que as composicións, discursos e até música, todo era galego como os de Ourense de 1877, os de Pontevedra de 1886, os de Tui de 1891e os de Mondoñedo de 1895.Deles imos tratar e adianto que tales certames, non vinculados ao aparello político do réxime nin a ningunha institución,naceron mercé a vontade de valentes amantes da literatura galega.Eses xogos florais espertaron os receos nos políticos e autoridades do Réxime porque facer poesía en galego naquel tempo era algo subversivo e revolucionario. Tal era o que pensaba o político monterista Eduardo Vincenti, quen nun discurso que pronunciou nos Xogos Florais de Santiago, corría o ano 1888,dicía que detrás dos xogos florais en galego se cobijaba el fantasma del separatismo [5]
Incluso o venerábel Romero Ortiz, último sobrevivente do levantamento progresista (con resabios galeguistas) de 1846, no seu discurso como presidente duns xogos florais celebrados en Pontevedra por máis que se declarase amante do "dialecto galego" que aprendera de neno, xustificaba en parte ese temor da clase política españolista ante ás composicións escritas en galego, as cales poderían avivar os sentimentos de provincialismo.E engade que quizá un dos máis sólidos fundamentos da nacionalidade e a independencia de Portugal é un admirable poema de Camoens. Con todo Romero Ortiz tranquilizaba os ánimos deses espíritos suspicaces , recelosos, desconfianzados, xa que en Galicia, donde todos amamos a España, como os fillos aman a súa nai, eses temores de separación faríannos sorir pola súa falta de fundamento, e despertarían a nosa alma indignada o horror que desperta siempre o crime de parricidio.[6]

En definitiva, os Xogos Florais a pesar de nacer descafeinados , o que non pode únicamente achacarse aos homes que os organizaban, senón a unha emoción contra o galego, houbo algúns auténticamente galegos, -tales como os que se celebraron en Ourense por Lamas Carvajal, os de Pontevedra de Rufino Rivera e "O Galiciano" , os de Betanzos e finalmente, os de Tui da Asociación Rexionalista-,e que desempeñaron un importante papel de cara á revalorización do idioma e contribuíron a provocar a vocación literaria dalgúns mozos: do Certamen de Ourense de 1877, o primeiro auténticamente galeguista, saíu a quen hoxe a nosa literatura considera unha das tres figuras poéticas de Galiza xunto a Rosalía e Pondal, Manuel Curros Enríquez. Nos de Pontevedra e Betanzos resultaron premiados un bo número de poetas e escritores vinculados á movilización rexionalista.
Adiantarnos así mesmo que algúns destes certames, como o de Pontevedra de 1886, tiveron unha significativa resonancia político-cultural: nese de Pontevedra, Murguía pronunciou un meditado discurso de ton rexionalista no que vincularía explicitamente reivindicación lingüística con galleguismo. Xogos Florais Galegos eran sinónimo de separatismo.
O separatismo polos xogos florais en galego chamábase entón Rexionalismo. Ademais escribir e falar en galego entre a clase culta era tamén de mal gusto xa previamente a ese famoso discurso de Murguía - desde o tempo de Rosalía. Porque, como dixen, entre a clase media e a burguesía existe unha emoción contra o galego
Ao asistir personalmente como invitado de honor aos xogos florais de Barcelona, Murguía comprobou as características destes jocs florals que se celebraron o ano 1890 naquela capital.Tiñan estes unha categoría que, por suposto,non alcanzara ningún dos que se celebraban anualmente en Galicia;tales Jocs florals viñerancontribuindo ao desenvolvemento da literatura catalá e máis concretamente da súa poesía nacional e eran á vez festas nacionais. Murguía e os seus correlixionarios tiñan aí o modelo, pois as bases dos de Barcelona esixían que todas as composicións fosen en lingua catalá; pero os nosos rexionalistas fracasaron estrepitosamente nesai ntentona, xa que tan só conseguirán celebrar os primeiros, que foron os xogos florais de Tui de 1891,que seguidamente paso a describir.
A tal fin organízase un Consistorio dos Xogos Floráis de Galicia que o forman sete mantedores: Murguía, García Velasco, Fernández Herba, Domínguez, González Besada, Alfredo Brañas e Salvador Cabeza, sendo o primeiro e o último presidente e secretario, respectivamente. Consistorio que fai públicas unhas bases que estabelecían, entre outras condicións, que os traballos fosen inéditos e escritos en galego antigo ou moderno,berciano ou galego do País Asturiano comprendido entre o Eo e o Navia.

En fin, que os "Xogos" celébranse,na referida vila de Tui, en 24 de Xuño de 1891 e outórganse premios aos seguintes escritores e poetas: Eladio Rodríguez González, Barcia , Díaz Spuch, Filomena Dato e Urbano González.
Foron, xa que logo, outorgados exactamente a metade dos premios que en Pontevedra, habendo ademais de organizar pola súa conta a Asociación Rexionalista de Tui para conceder maior brillantez ao acto a parte musical do mesmo e que por certo non chegou a ter o relevo nin a categoría da que en 1886 celebrara “O Galiciano”.
Os premios foron entregados por Murguía, o presidente deste Certame,no teatro da vila , o mesmo día 24 do citado mes de xuño. Especial importancia revestiron os discursos dos rexionalistas, en galego. O de Murguía é un verdadeiro canto á lingua e á nacionalidade galegas. Define define varias veces a Galiza como nacionalidade, fai un estudo da evolución da literatura propia, condena ao Estado centralista, declara ás rexións Estados nacionais incompleto, estabelece a irmandade entre Galiza e Portugal, así como a dos seus respectivos idiomas. Ademais Murguía, como xa viña sendo habitual en todos os seus escritos, non deixaría de referirse ás diferenzas raciais entre Galicia, aria, e a España central e meridional, semita, estabelecendo que a distinta lingua que posúe o seu país remite a un pobo enteiramente distinto do castelán:
"Léngoa distinta -di o aforismo político- acusa distin­ta nacionalidade. Digámo-lo nós tamén, se nos compre con maor firmeza ainda, e poñamos de nós o que faga falla pra que sea para sempre esta léngoa en consonancia co noso esprítu, e feita como ningu-ha outra, para espresión dun-ha literatura tan oposta o genio da Casti­lla como é esta que nós temos."
O sentido de irmandade e as simpatías de Murguía pola veciña nación portuguesa fanse patentes en varias pasaxes do seu discurso.Nunha delas sinala que nunca pagaremos aos nosos irmaos de Portugal que nolo conservasen, sobre todo, "que fixeran do noso galego, un idioma nacional".
Consideramos de suma importancia o que Antonio Cerviño, Maxistral da SIC de Tui, pronunciase no acto relixioso daquelas festas un sermón rexionalista. Trátase da primeira actitude rexionalista dun eclesiástico,que erguía a súa voz en prol das clases populares e emigrantes de Galiza.Un sermón -Cerviño pertencía ao Comité Rexionalista de Tui- que foi moi ben acollido por Murguía e os seus correlixionarios e reproducido pola prensa rexionalista de Galiza e Cataluña.
Un lixeiro estudo dos diversos actos programados e realizados polos rexionalistas con motivo dos Xogos Florais de Tui, confirmaranos que as súas posturas teóricas respecto ao idioma ían moi por diante dos seus actos.
A Xunta Rexionalista de Tui invitou aos membros das diversas Xuntas locais e provinciais, aos poetas premiados e ás autoridades asistentes aos "Xogos Floráis", a unha cea que tivo lugar no mesmo Teatro da vila. Un acto social de tal brillantez debese ser aproveitado polos rexionalistas para romper unha lanza en favor do galego, lingua socialmente menosprezada e marxinada; con todo, alí, rodeados do máis florido da sociedade tudense que se expresaba en castelán, os poetas e escritores, as grandes cabezas defensoras do idioma, sentíronse incapaces de dar todo un exemplo, que fose soado: non lograron falar en público en galego, debido a emoción negativa que xa existía contra el, pois todos os seus discursos, brindes, etc, fixéronos en lingua castelá. Estaba no certo dona Emilia Pardo Bazán,quen sinalaba que o galego, como o catalán, tiña unha nova literatura propia,mais a diferenza daquel, o galego non o falaban os que o escribían ; polo tanto, este é un testemuño do gran peso que no ámbito social xa tiña o castelán e, particularmente, do arraigada que estaba a emoción contra o  galego no ambiente colectivo.Aínda celebraron os rexionalistas, agora eles sos, unha reunión-banquete máis en Tui. Acto que o órgano da Asociación Rexionalista,La Patria Gallega , cualificou de "verdadeiro acontecemento da historia rexional". Pois ben, os discursos que neste acto pronunciaron Murguía,Díaz Spuch , Fernández Herba e Braña, foron tamén en castelán;a nota típica e tópica púñaa Salvador Cabeza, quen aos brindes recitou un par de poesías galegas.
A utilización do galego como lingua exclusiva de reunións e banquetes  impúxose un pouco máis tarde, o primeiro en que foi exclusivamente utilizado o galego tivo lugar na cidade de A Coruña,en homenaxe ao eminente orador sacro e bo galeguista, residente en Arxentina, D. Francisco Suárez Salgado , que estivo acompañado dos rexionalistas, presididos por Murguía,da chamada, Cova céltica. Durante este acto en honra do home a cuxa iniciativa se deberá o monumento aos mártires de Carral, e que tivo lugar o día 11 de novembro de 1898, evitouse o castelán e só se falou en galego.

Alí os Lugrís, Murguía, Martínez Salazar -que falou no galego antigo da soada Crónica Troyanaque ía editar-, Alvarez Insua, que era a primeira vez que falaba en público en galego, Golpe, Carré, Banet, Seijo, Autrán..., pronunciaron os seus discursos e falaron exclusivamente en galego.Claro que en Galicia había outros homes máis coherentes nesta cuestión, un Lama Carvajal, por exemplo, que desde sempre viña utilizando exclusivamente o galego nas súas populares festas e banquetes celebrados en Ourense. Lamas Carvajal é dos poucos membros da intelligentsia,por non dicir que nun primeiro momento o único, que se cartea en galego cos seus amigos e subscritores. Estes tamén lle adoitan contestar na mesma lingua, por máis que como algún textualmente lle dicía, non soubesen ortografía nin escribir en galego.
O Certame deTui e os restantes actos rexionalistas aos que con anterioridade nos referimos, foron enxalzados por toda a prensa rexionalista e máis concretamente pola revista do grupo, daAsociación Rexionalista de Galicia ,La Patria Gallega.Naceran, dicíase, os auténticosXogos Florais,non obstante, o optimismo ben pronto remataría.
Pretendían os rexionalistas que os Xogos florais se celebraran cada ano nunha das principais capitais galegas, designadas mediante o oportuno sorteo. Correspondeu á Coruña ser sede dos que tiñan ser ossegundos, pero ao achegarse a data da súa celebración, o Consello de mantedores do Certame decidiu aprazalos até o mes de Agosto. Nesta última data quedaron de novo aprazados até o ano seguinte, pero non chegarían xa a celebrarse, nin se volvería a falar máis dos "Xogos Frorais de Galicia". Advertimos que a Comisión organizadora dos de Tui nin sequera chegou a enviar aos poetas premiados o diploma que xustificaba o galardón obtido. Como pretexto do seu adiamento aduciron os mantenedores de A Coruña (Insua, Martínez Salazar, Mosquera Lequerica, R. Caruncho, García Ferreiro e Tarrío García) que as composicións presentadas, aínda que bastantes en número (unhas 50) eran todas malas. En comunicado en castelán á opinión pública, os mantedores xustificaban o seu adiamentoenque aínda que os traballos expresados non eraninaceptábeis, non respondían,con todo,á solemnidade do seu obxecto, nin enchían a aspiración do Xuradoque desexaba dar a esta clase de festas, toda a beleza, esplendor e maxestade que pola súa especial natureza entrañaban. Pois sendo unánime o sentir de Mantedores e Adxuntos de que os "Xogos Florais de Galicia", sexan a máis alta e xenuína representación da vida intelectual da patria gallega, non podían nin debían prescindir dunha xusta severidade nestes torneos da gaia ciencia para conservar a nosa poesía e apropia literatura no punto luminoso en que a colocaran Rosalía de Castro, Camiño, Añón e Losada.
En realidade a decisión de tal adiamento, que terminaría en suspensión indefinida, foi obra de Insua, Cabeza e Tarrío, apoiados por Murguía; tomouse en Santiago en "petit comité", comunicándollo aos restantes membros por carta. No entanto, a postura de Martínez Salazar era favorábel á celebración dos "Xogos" e así llo fixo saber sen perder tempo a Insua, comunicándolle ademais que dificilmente sería posíbel realizar outros. A suspensión reportaría o consecuente desprestixio, sen contar co que dirían os que presentaran traballos. Velaquí a firme postura deste intelectual nas súas propias palabras:Pero entendo será difícil que se realicen outros, sen contar co desprestixio conseguinte e o que quie­ran dicir os que presentaran traballos. E vingan Vs. despois disto con programitas. Eu tería verificado o acto, aínda cando non premiase un só traballo; se hai un só que o mereza como ha de haber traba­jos bos en galego se os que o manexan non o pre­sentan? Sería pedir peras ao olmo. Outra cousa sería se os traballos fosen en galego e en castelán. É me­nester que se convenza Vs. que non estamos en Cataluña nin moito menos

 
Tíñase, dese xeito, consumado un dos máis claros fracasos do Rexionalismo.


Xosé Castelos Paredes
-----------------------------------------
1] A Base nº 38 deses Xogos florais suscribía : “A excepción de la poesía Galicia que será precisamente en gallego, las demás y los discursos podrán escribirse ya en gallego, ya en castellano, a gusto y a elección de sus autores.(“Galicia Revista Universal de este Reino”, 1.4.1861)
[2]V. El Heraldo Gallego, 26.4.1876
[3]V. Tío Marcos da Portela, 1.7.1877
[4]Véxase,“Quincalla …al por menor”,Revista Gallega , 17.6.1900
[5] Eduardo Vincenti Reguera, Discurso en el Certamen deEl Ciclón, “La Gaceta de Galicia”, 14.6.1880
[6]"Discurso pronunciado por el Excmo.Sr.D. Antonio Romero Ortíz, presi­dente del Jurado de los Juegos Florales celebrados en Pontevedra en 1880" /
“La Gaceta de Galicia”,14.8.1880


منبع:
http://xcastelos.blogspot.com

نظرات() 
How do you get rid of Achilles tendonitis?
جمعه 13 مرداد 1396 07:19 ب.ظ
It's great that you are getting ideas from this paragraph as
well as from our discussion made here.
BHW
چهارشنبه 30 فروردین 1396 12:02 ب.ظ
excellent issues altogether, you just won a logo
new reader. What may you recommend in regards to your
publish that you made a few days ago? Any sure?
BHW
چهارشنبه 23 فروردین 1396 07:52 ق.ظ
I needed to thank you for this very good read!! I absolutely
enjoyed every bit of it. I've got you bookmarked
to check out new stuff you post…
 
لبخندناراحتچشمک
نیشخندبغلسوال
قلبخجالتزبان
ماچتعجبعصبانی
عینکشیطانگریه
خندهقهقههخداحافظ
سبزقهرهورا
دستگلتفکر

آمار وبلاگ

  • کل بازدید :
  • بازدید امروز :
  • بازدید دیروز :
  • بازدید این ماه :
  • بازدید ماه قبل :
  • تعداد نویسندگان :
  • تعداد کل پست ها :
  • آخرین بازدید :
  • آخرین بروز رسانی :