تبلیغات
من و تو - iDIOMA GALEGO; O CERTAME DE "O GALICIANO"( Pontevedra, 1886)

من و تو

پنجشنبه 17 آذر 1390

iDIOMA GALEGO; O CERTAME DE "O GALICIANO"( Pontevedra, 1886)

نویسنده: الاله اصغری   



No verao de 1886, coincidindo coas festas de A Peregrina, celebráronse en Pontevedraos xogos florais máis completos da etapa.O Certame de Pontevedra foi obra da revista galega O Galiciano, propiedade de Rufino Rivera Losada.Este amante da lingua galega que fundaría tamén A Tía Catuxa, perseguindo como un dos seus máximos obxectivos da vida a difusión e normalización do idioma galego.
Ao publicar as Bases do Certame, sinalaba O Galiciano os obxectivos que se perseguirían co mesmo. Os certames, dicía Rivera, reportan aos pobos dous beneficios: instrución e cultura. Son trofeos da cultura porque nos mesmos os literatos, os poetas e os compositores poñen a valía a proba, o seu poder creativo e artístico, estimulados por un premio.
Ao conceber este Certame, que para Rivera significa vida, movemento, adianto, elementos que por certo non sobrarán en Galiza, non o dubidou nin un momento: habería de ser en galego[9]: 
Un Certamen en galego que a vez que estimule ós poetas e máis literatos e compositores a buscar novas direccións á súa inspiración no tocante os grandes ideais que a civilización e o progreso espertan hoxe en día nos grandes corazóns, sirva para relembrarnos de antigas costumes da nosa rexion.[10]
Abonda a soa descrición dos premios e bases destes Xogos florais para evidenciar a súa orixinalidade e seu carácter esencialmente rexionalista. Todo nel debería ser galego: versos,discursos, a composicións musicais, instrumentos e traxes xenuínos de Caliza, requisito este último imprescindíbel para nalgún caso poder participar no Certame. Por exemplo as bases 3ªy 4ª da convocatoria esixían respectivamente, que "todas as composicións fosen inéditas e orixinais", e que todas fosen en lingua galega[11].
O presidente do Certame foi Murguía, persoa que Rufino Rivera elixiu en base ao seu magnífico curriculum , aos seus recoñecidos esforzos e traballos sobre a historia de Galicia, así como aos seus estudos en torno á lingua galega[12].
O Xurado da parte literaria compúñano as seguintes persoas : Indalecio Armesto, Luís da Riega e Emilio Alvarez Giménez. Para a presidencia do xurado musical foi para Rafael Hernando, profesor e secretario do Conservatorio de Madrid.
Da importancia e singular relevancia deste Certame abonda con dicir que o número de escritores que á parte literaria presentaron as súas composicións excedía dos setenta, sendo algúns deles ben recoñecidos polo seu rexionalismo, caso de Alfredo Brañasquelevou un accésit pola súa poesía “A noite de San Xoán” . Ademais, conseguiron premios Enrique Labarta Posse, Eladio Rodríguez González, Adolfo Mosquera, Manuel Amor Meilán, Xoán Manoel Rodrigues Cea, Xosé Herraiz Ruibal, Roxelio Civeira e Heliodoro Cid e Rozo.

Na parte musical destacaron as actuacións de orfeóns e bandas que rivalizaron na execución das Galegadas, sendo tamén suxestivas e vistosas as interpretacións da melodía de Marcial de Adalid intitulada Bágoas e sonos . Concorreron os millores gaiteiros da provincia e sobre todo da comarca, xa que a estes últimos a revista organizadora abonáballes os gastos de locomoción. Os premios concedéronse ás millores interpretacións da auténtica muiñeira executadas con gaita timbal ou sexa "composta de rouco, ronquillo e punteiro", acompañada de tamboril. Tamén levaron premios un par de cegos que cos seus lazarillos e os seus zanfonas, foron os millores intérpretes dos temas requiridos. Asi mesmo concedeuse premio de baile a un par de parellas, millores intérpretes da Riveirana .
Do carácter rexionalista deste Certame fixose eco os periódicos centralistas de de Madrid, que viñandicir que se leu, cantou e recitou en galego, que galega fora a música, galego o baile e todo rabiosamente galego, de tal forma que aquilo máis parecía un cantón que unha provincia española.Soado foi tamén o discurso de Murguía, por máis que fose lido en castelán, sendo recollido por todos os periódicos de Galicia, comentado, louvado polos rexionalistas,e criticado polos anti-rexionalistas.
Advirto ao respeito que, se noutros Xogos Florais as bases suxeitábanse aos premios ofrecidos por institucions e autoridades políticas que impuñan as súas respeitivas condicións, neste caso non sucedeu nada igual.
Unha lixeira meditación sobre o anteriormente exposto, pódenos levar a certas conclusións, unha primeira sería que cando os homes da intelligentsias e esforzaban na consecución de certos obxectivos, as cousas funcionaban.Rivera achandou todos os obstáculos, incluíndo os de tipo económico, ao obxecto de cumprir o planeado e conseguiu até a colaboración de entidades das que en principio pouco se podía agardar, como a do Concello.
É obvio dicir que individuos das características de Rivera, isto é que o desen todo pola recuperación e difusión da lingua propia, existían ben poucos en Galiza: había un Lamas Carvajal en Ourense, o propio Rivera e Roxelio Lois en Pontevedra,e Amador e Anselmo Montenegro e un Pardo Becerra en Lugo e moi poucos máis. Non queremos afirmar con isto que non houbese entón en Galiza un cento de escritores, xornalistas e poetas que apoiasen a recuperación da lingua, pois sería erróneo. Refírome a persoas que, sacrificios persoais e diñeiro incluído, o darían todo pola reabilitación da lingua propia .

Xosé Castelos Paredes


منبع:
http://xcastelos.blogspot.com

نظرات() 
Where is the Achilles heel?
جمعه 10 شهریور 1396 12:18 ب.ظ
What a data of un-ambiguity and preserveness of precious
know-how on the topic of unexpected feelings.
 
لبخندناراحتچشمک
نیشخندبغلسوال
قلبخجالتزبان
ماچتعجبعصبانی
عینکشیطانگریه
خندهقهقههخداحافظ
سبزقهرهورا
دستگلتفکر

آمار وبلاگ

  • کل بازدید :
  • بازدید امروز :
  • بازدید دیروز :
  • بازدید این ماه :
  • بازدید ماه قبل :
  • تعداد نویسندگان :
  • تعداد کل پست ها :
  • آخرین بازدید :
  • آخرین بروز رسانی :